Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro subliña que os campionatos de baristas “puxeron ao IES de Foz no mapa das mellores escolas de hostalería do país”

220218 Baristas IIO delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu hoxe no IES de Foz ao XI Concurso Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería que organiza o centro. Balseiro lembrou que o instituto celebra tamén estes días a sexta edición do Campionato Internacional de Cata de Cafés das Escolas de Hostelería e do Campionato Internacional de Baristas Profesionais. O delegado gabou o labor da comunidade educativa do IES por ter situado ao centro “no mapa das mellores escolas de hostalería do país”. Neste sentido, afirmou que a concorrencia de participantes e de patrocinadores “demostra o prestixio que alcanzaron os campionatos, que non é senón o reflexo do prestixio que alcanzou o instituto no que se refire ás ensinanzas da rama de hostalería”.

Exit mobile version