Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla sobre rastreo visual de persoas e vehículos en Xove

Xove 23-2-18. A policía local de Xove, coa colaboración de CASAGA (Asociación de Cans de Salvamento de Galicia), organiza unha CHARLA SOBRE RASTREO VISUAL DE PERSONAS E VEHÍCULOS. A mesma vaise desenvolver o VENRES, 2 DE MARZO, EN HORARIO DE 16:00 a 20:00 horas, no SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO DE XOVE.
A charla vaise dividir en dous módulos:
1.- Recoñecemento e rastreo visual de personas.
2.- Recoñemento e identificación de vehículos.
A charla vai dirixida a: policías, gardia civís, militares, axentes do Seprona, guías caninos, bombeiros, efectivos de Protección Civil e de grupos de emerxencias supramunicipais, axentes forestais, gardarríos, brigadistas contraincendios e especialistas na detección de puntos de orixe e acelerantes da combustión, gardas de caza e pesca fluvial, gardapescas marítimos, voluntarios para búsquedas de personas desaparecidas,…
A coordinación desta charla corre a cargo de José A. Ramos Domínguez (Xefe de Seguridade). En canto a ponencia, esta estará a cargo de Andrés Toxeiro, colaborador en formación de CASAGA.
A inscrición farase no correo electrónico en: recursoshumanos@xove.es, As prazas son limitadas.
A clausura da charla correrá a cargo do alcalde José Demetrio Salgueiro.

Exit mobile version