Site icon Crónica3.com A Mariña

Denuncia que lle anulan unha cita para revisión hai cinco meses por un proceso oncolóxico e a data de hoxe continúa sen citar

IMG-20180227-WA0005A Mariña 28-2-18. O paciente foi sometido a unha biopsia para establecer o diagnóstico e a agresividade da enfermidade.Unha vez que determinan que se trata dun cancro deciden que debe ser intervido cirúrxicamente, e tras a operación estáblecese que debe ser visto en revisións cada tres meses.” Fixéronme moitas probas , primeiro a biopsia e logo unha proba no oncolóxico da Coruña para saber se tiña metástases” – concreta o paciente.
Déronlle cita para facer a revisión o día 29 de setembro de 2017 e pouco despóis chamárono por teléfono anulándolle a cita e decíndolle que sería chamado en breve, máis como vía que non o chamaban pon unha primeira reclamación no servizo de Atención ao Paciente.”Déronme un papeliño pequeño coma eses que che dan cando vas a unha consulta e pides un xustificante para o traballo e como pasaba o tempo e non me chamaban sospeito que o papeliño foi parar ao lixo”- explica.
É entonces cando contacta coa Plataforma Sanitaria que, con data do 11 de Xaneiro de 2018 presenta a denuncia que figura rexistrada co número 088. Na reclamación solicita ser citado de xeito inmediato e fai responsable da súa saúde futura á xerencia , informando de que “acudirei á xustiza con esta denuncia para iniciar as medidas legais oportunas”. Tras agardar unha resposta por parte da xerencia e non recibir noticias referentes á súa citación volve contactar coa Plataforma Sanitaria para que lle den difusión na prensa.
Para a Plataforma Sanitaria resulta insultante que se xogue deste xeito coa saúde dos pacientes e mesmo que se falseen os datos de agarda media, cifrando unha espera media nas consultas de especialidades de 38 días cando a realidade é que temos montóns de queixas de pacientes con meses e meses esperando infructuosamente a que os chamen para ser vistos polo especialista.
”Adoitan sacar estes datos falseados sen que lles caia a cara de vergoña o día antes de que saiamos á rúa a manifestarnos, para tentar desmobilizar a unha comarca que xa esta farta das súas mentiras. Non sabemos con que nos agasallarán desta volta- comenta Víctor Vila ,en relación aos titulares que darán desde a Consellería ou desde a Xerencia o día da manifestación do 1 de marzo.

Exit mobile version