Site icon Crónica3.com A Mariña

Denuncia unha demora de case un ano nunha citación para unha proba de esforzo

IMG-20180221-WA0003A Mariña 22-2-18. As vicisitudes do paciente remóntanse ao ano 2016, ano en que acude numerosas veces ao servizo de Urxencias con infeccións urinarias de repetición e cólicos nefríticos. Tras numerosos períodos de tempo con tratamentos antibióticos deciden facerlle unha ecografía , diagnostícase o seu mal e pónselle tratamento. É entón cando comeza a sufrir taquicardias de ate 180 pulsacións. Nen os electrocardiogramas que lle fixeron nen un rexistro posterior da actividade do corazón en 24 horas reflicten as taquicardaias , polo que se lle solicita en marzo de 2017 unha proba de esforzo que, segundo as indicacións do cardiólogo, deberá realizarse como moi tarde en 6 meses.

En febreiro do 2018 o paciente contacta coa Plataforma Sanitaria para que lle axude a facer unha reclamación, xa que hai case un ano desto. “ Receitáronme ansiolíticos, máis as taquicardias non desapareceron e a maiores teño mareos. Xa non sei se todo esto que me pasa é pola medicación que tomo, pola ansiedade ou se teño algo no corazón, teño medo de que un día me dé algo, necesito un diagnóstico”- relata o paciente.

Para a Plataforma Sanitaria é intolerable a absoluta falta de respecto e desprezo que a Xerencia do Hospital e o Sergas amosan cara @s pacientes ninguneándoos ao deixalos ate un ano sen diagnosticar e producíndolles sufrimentos innecesarios. “ Están a abrigar @s veciñ@s a denunciar, e ainda por riba búrlanse da xente ao publicar nesas reportaxes a doble páxina tempos de agarda falsos para calmar o clamor popular , que comeza a ser preocupante para el@s”- comenta o portavoz da Plataforma Sanitaria.
Manifesta tamén a Plataforma Sanitaria que cifrar en quince días o tempo de agarda medio para estudos cardiolóxicos, cando a xente está a esperar un ano ou máis é dunha desfachatez impresionante.” Teñen a cara máis dura que o cemento que están a utilizar na tan celebrada obra de ampliación por parte de Balseiro e Vega”- ironiza Victor Vila, portavoz da Plataforma.

O paciente solicita ser citado á maior brevidade posible, facendo responsable á xerencia do que lle poda ocurrir a partir da data de rexistro da reclamación.” Se non me dan solución non dubidarei en acudir á xustiza”- conclúe o afectado.

Exit mobile version