Site icon Crónica3.com A Mariña

Día de Rosalía no Valadouro

ROASLIAO Valadouro 21-2-18. A Fundación Rosalía de Castro volve poñer en marcha no aniversario de Rosalía o “Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. (http://rosalia.gal/causes/caldo-de-gloria/)
O Valadouro súmase á conmemoración do Día de Rosalía este sábado 24 de febreiro coa implicación e colaboración do concello de O Valadouro, o centro de educación infantil e primaria Santa María de O Valadouro, a asociación cultural Amado Lar e a totalidade da hostalería do Valadouro nunha iniciativa que o ano pasado se puxo en marcha en Padrón a través da Fundación Rosalía de Castro e que tivo moi boa acollida.

No concello de O Valadouro partícipan a totalidade de locales hostaleiros nos que o sábado 24 de abril se van a servir tapas e menús de Caldo de Gloria segundo a receta que describiu Rosalía no poema “Miña casiña, meu lar” (Rosalía de Castro)

Para amenizar a xornada, a asociación cultural Amado Lar será a encargada de facer un pasarrúas con gaita e tambores por toda Ferreira e ó mesmo tempo en todos e cada un dos locales recitaranse poemas de Rosalía para conmemorar o 181 aniversario do seu nacemento.

Pero xa na xornada do 23 de febreiro os alumnos do centro de educación infantil e primaria Santa María do Valadouro realizarán ilustracións e poemas que se van a repartir polos locales hostaleiros colaboradores e a maiores nas instalacións do centro realizarán un collage coa imaxe da cara e recitarán fragmentos de versos de Rosalía así como cantarán algún dos seus musicados.
No menú de mediodía do centro contarán, como homenaxe á escritora de Padrón, caldo de gloria segundo marcan os canones da receita do poema.

Hai que destacar que no Valadouro, aparte de estar no epicentro da mariña central e con boas comunicacións ata a costa e a chaira e o único concello de toda a provincia de Lugo na que todos os seus locales hostaleiros van a homenaxear a Rosalía de Castro no día do seu nacemento coa degustación de tapas de caldo de gloria. Cada restaurante tamén ofrecerá caldo de gloria dentro do seu menú.
Os locales colaboradores no evento son:
A Lúa, Vila do Val, Venezuela, A Piazza, Méndez, O Lar de Marisol, Asturias, O Novo, D Jacinto, A Cambota, El Valle, O Colorado.

Desde a coordinación do evento convidamos a veciños e visitantes que se acheguen ata O valadouro para que degustar do <> que se vai a servir no locales de O Valadouro así como que disfruten dos traballos feitos polos nenos do Valadouro en cada local e do recitado de poemas
Para máis información:
(http://rosalia.gal/causes/caldo-de-gloria/)

Exit mobile version