Site icon Crónica3.com A Mariña

Do 2 ao 18 de febreiro celébranse no Restaurante La Cuchara de palo as xornadas do cocido. Na sua oferta gastronómica para estes días tamén están as xornadas ibéricas e tapas especiais os venres pola noite

O menú está composto de sopa, cocido, viño, auga, sobremesa e café, e o prezo é de 15 euros por comensal. As persoas interesadas en saborear un prato tan típico destas datas poden realizar as súas reservas no 982 13 03 16. Ademais La Cuchara de Palo tamén celebra dende este venres 2 de febreiro, e ó longo do sábado 3 e domingo 4, as Xornadas Ibéricas. Nesta cita poderanse degustar táboas de ibéricos como xamón, chourizo e salchichón a un prezo de 5 euros. Ademais desde o 9 deste mes ofrecerá tapas especiais os venres polas noites.

Exit mobile version