Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios do concurso de caretas de entroido do Concello de Xove

ENTREGA PREMIOS CONCURSO CARETAS ENTROIDOXove 22-2-18. O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha en xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de caretas. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios. Os premios consistiron en material escolar.
Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.

Os premiados/as nesta edición, foron:

1º.- Conceder os seguintes premios na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):
1º Premio: NICOLÁS PURRIÑOS GARCÍA.
2º Premio: LUCA PURRIÑOS GARCÍA.
3º Premio: ANDRÉS ALCALDE FERNÁNDEZ.

2º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º Premio: ALEJANDRO FLORES ESCOBAR.
2º Premio: PAULA SÁNCHEZ PERNAS.
3º Premio: ELSA GARCÍA LÓPEZ.

3º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º Premio: UXÍA GRADAILLE DURÁN.
2º Premio: CARLA CASABELLA PUÑAL.
3º Premio: LUCÍA MASEDA FRANCO.

4º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º Premio: CARLA MARIÑO OTERO.
2º Premio: MIRIAM MEJUTO GARCÍA.
3º Premio: DANIEL BERTOLO CASABELLA.

5º.- Conceder os seguintes premios na Categoría 1º a 4 º de ESO:
1º Premio: (REX. Nº 24) IKER COSTA GONZÁLEZ.
Os restantes premios quedaron desertos.

Por último, sinalar que tódolos traballos, premiados e non premiados, estiveron expostos durante un mes na Biblioteca Municipal de Xove.

Exit mobile version