Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado 17, terá lugar a tradicional queima do entroido en Ribadeo, coa que remata o carnaval 2018

Ribadeo, 16 de febreiro de 2018. Mañá, sábado, terá lugar a Queima do Entroido en Ribadeo. A comitiva fúnebre, que estará acompañada das charangas Aturuxo e A Choca, partirá ás 21 horas das inmediacións do Concello.
Desde a organización sinalan que “como ben sabemos todos os ribadenses, aquí e de xeito oficial, as festas non rematan ata a Queima do Entroido. Así, este sábado, 17 de febreiro, mantendo as boas costumes e finalizar este viaxe teremos a espectacular Queima, unha tradición que naceu como sátira dos xuízos da inquisición, e hoxe en día é dun dos actos máis destacados do noso Carnaval, momento en que se prescinde das cores, deixando en troques un tropel de viúvas chorando”.
Desde o Concello e desde Acisa, organizadores do Entroido este ano, “animámosvos a acompañarnos neste broche final do Entroido 2018”.
E explican que “ás 21:00horas sairá das inmediacións do Concello, a comitiva fúnebre coas viúvas e viuvos acompañados da boa música das charangas ribadenses Aturuxo e A Choca, e trasladarase ata a Avenida Rosalía de Castro, onde terá lugar a queima do Entroido, seguida dunha sesión de fogos artificiais e dunha monumental traca pirotécnica”.

Exit mobile version