Site icon Crónica3.com A Mariña

Este xoves terá lugar a asemblea xeral ordinaria de Acisa Ribadeo. Entre os asuntos que se abordarán figuran o presuposto e as actividades para 2018 e a convocatoria oficial de eleccións para proceder á renovación da xunta directiva

Ribadeo, 21 de febreiro de 2018. Mañá, xoves, terá lugar a asemblea xeral ordinaria de Acisa Ribadeo. Será ás 20:30 horas no salón de actos da antiga Casa Sindical.

Na orde do día figuran os seguintes asuntos: exame e aprobación, si procede, da conta xeral de ingresos e gastos de 2017 e estado da asociacións; presuposto ordinario do 2018; informe da programación de actividades previstas para estes ano; días festivos e domingos de apertura en 2018 para comercio e ampliación de horarios para hostalería; convocatoria oficial de eleccións para proceder á renovación da xunta directiva, datas e proceso electoral; VII Gala da Acisa; rogos e preguntas.

VII Gala de Acisa

O próximo 16 de marzo terá lugar a VII Gala de Acisa. Será no Parador de Turismo de Ribadeo a partir das 21:30 horas. No transcurso da velada, na que haberá diversas sorpresas, entregaranse os galardóns ao socio do ano, ao socio honorífico e o recoñecemento a toda unha carreira.

Os premiados serán Florentino Martínez Peláez e Mercedes García López, que recibirán o recoñecemento a toda unha carreira empresarial. Trátase dos donos de O Bodegón. O premio como socio honorífico recibirano José Luis Méndez Morán e América López Oliveros, fundadores de Ferraxería Morán. E o galardón como socio do ano será para José Ramón Leal Segura, propietario de Galería Terra Branca.

Desde a directiva de Acisa lembran que “para asistir á VII Gala de Acisa é necesario retirar as entradas no Parador de Turismo de Ribadeo ou nas oficinas de Acisa, situadas na segunda planta do nº 20 da Avenida de Galicia. As tarxetas poden adquirirse ata o 15 de marzo. O prezo por comensal é de 25 euros, tanto para soci@s como para non asociad@s”.

Exit mobile version