Site icon Crónica3.com A Mariña

Fallado o XVII Certame de poemas de amor, organizado pola biblioteca municipal de Foz, ao que se presentaron 39 obras

Foz, 27 de febreiro de 2018. O xurado do XVII Certame de Poemas de Amor promovido pola biblioteca municipal de Foz reuniuse hoxe para elixir aos premiados.

O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou que “a participación neste certame foi de 39 poemas, cifra que nestas datas complicadas de festexos é unha boa nova. Hai que salientar que se recibiron varios de fóra de Foz, como ven sendo habitual, coa participación de xente de Lugo, San Cosme de Barreiros, Castro Urdiales, Ribadeo, Burela, etcétera na categoría de adultos. O participante de maior idade ten 85 anos e o seu poema foi enviado desde Lugo. Este ano a participación de mulleres foi maior que a de homes. En concreto na categoría xuvenil parece que ao xénero masculino non lles estimula este tipo de certames”.

Os premiados son os seguintes:

Categoría Xuvenil:
1º premio (vale de 50 euros e cea no Restaurante O Rincón do Mis).-
A primeiro riso, de Macarena Ledo Vázquez (Burela).

2º premio (vale de 30 euros e cea no Restaurante Barrilete).-
Faimo saber, de Andrea García Mondelo (Foz).

Categoría de Adultos:
1º Premio (vale 100 euros e noite de hotel para dúas persoas).- Tantas ganas…!, de Ana Belén Morado Pardo (Castro Urdiales).

2º Premio (vale de 60 euros e cea no Restaurante Xoiña).- Secuencia infinita, de Raquel Fraga Sánchez (Foz).

Categoría Infantil: deserto.

A entrega dos premios será no vindeiro Festival dos Namorados, que se celebrará este sábado, día 3 de marzo, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura e que contará coa actuación de Alumnos da Aula Moderna da Escola de Música de Foz, “unha boa ocasión para ver o enorme esforzo e dedicación do director Felipe Sánchez”.

O edil de Cultura fai un “agradecemento moi especial aos patrocinadores das ceas (Restaurante Xoiña, Rincón do Mis e Restaurante Barrilete) así como a todos os participantes que nestas datas complicadas de Antroido aínda teñen tempo de escribir poemas de amor”.

Exit mobile version