Site icon Crónica3.com A Mariña

Ibán Sánchez Rodríguez, novo concelleiro do BNG no Concello de Cervo

IMG_5502Cervo, 15 de febreiro 2018. Na sesión ordinaria do Pleno do Concello de Cervo celebrada este xoves 15 de febreiro tomou posesión do seu cargo de concelleiro Ibán Sánchez Rodríguez, despois de que o actual concelleiro e portavoz Ramón Luís Bernardo Insua renunciara á acta por razóns estrictamente persoais.
Ibán Sánchez tén 39 anos, é técnico forestal e traballa en Alcoa. Participa da vida asociativa e cultural de varios colectivos do concello. Nas eleccións municipais de 2015 ocupou o segundo posto na lista do BNG que encabezara Ramón Luís.

Desde a asemblea local do BNG en Cervo e tamén desde a dirección comarcal parabenizan ao novo concelleiro e trasladanlle ánimos para o seu novo cometido, ao tempo que agradecen o traballo desenvolvido polo compañeiro Ramón Luís que deixa a primeira liña na política municipal pero que seguirá colaborando na asemblea local.

Ibán Sánchez manifestou o seu desexo de continuar no concello a liña de traballo definida xa polo BNG en Cervo no programa que presentaran nas pasadas eleccións municipais, para cambiar as fórmulas de actuar do Partido Popular e abrir o concello á participación da sociedade, recuperando a institución para poñela ao servizo de todas e todos.

O novo concelleiro nacionalista tamén se referíu aos compañeiros do Bng que o precederon como concelleiros nos últimos anos e que realizaron unha importante labor, en referencia a R.L. Bernardo Insua e a Xoán Estúa.

Exit mobile version