Site icon Crónica3.com A Mariña

Judiht repite entre as 12 irmandiñas, na pelexa polo nacional

judith-galiciasub21Burela 21-2-18. A xogadora do Pescados Rubén Burela FS Judith volverá vestir a camisola irmandiña, para disputar a fase final do Campionato de España Sub-21 esta fin de semana en Salou.

A expedición galega, dirixida por Pili Cotsa, partirá o xoves
pola noite dende A Coruña rumbo á localidade tarraconense.
Será o sábado ás 12:00 horas cando o equipo salte á cancha do Polideportivo Municipal de Salou para enfrontarse en semifinais á selección de Cataluña. No caso de vencer, as irmandiñas xogarán o domingo ás 11:00 a final contra a vencedora do Andalucía-Rexión de Murcia.

Xunto á laranxa completan a convocatoria Sandra Rodríguez, Inés Suárez, María Gómez e Marta López-Pardo, de Viaxes Amarelle FSF; Inés, Casasnovas, Nerea Lorenzo e Antía Pérez, de Ourense Envialia; Clara Fernández, de Cidade das Burgas; Yolanda Martínez e Carolina Agulla, de Poio Pescamar, e María González, de Bembrive FS.

Sábado 24 de febreiro

1ª semifinal: 10.00 horas Andalucía-Rexión de Murcia
2ª semfininal: 12.00 horas Cataluña-Galicia

Domingo 25 de febreiro

Final: 11.00 Gañador Semifinal 1-Gañador Semifinal 2

Exit mobile version