Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 780 alumnos/as e 80 profesores dos centros da Mariña participan no curso 2017- 2018 no proxecto organizado por Tá en artes, sobre a figura do artista residente en Mondoñedo Juan Puchades Quilis

A Mariña 22-2-18. Máis de 780 alumnos/as e 80 profesores dos centros da Mariña : EEI San Roque. Viveiro, Ceip Fondo Nois. Foz, Ceip Alvaro Cunqueiro. Mondoñedo, Ceip Vista Alegre. Burela. Aspanane, Viveiro, Ceip Castro de Ouro. Alfoz, IES Alfoz- Valadouro, IES Vilar Ponte. Viveiro, IES Monte Castelo. Burela, IES de Foz, IES Dionisio Gamallo. Ribadeo, IES San Rosendo de Mondoñedo, participan no curso 2017- 2018 no proxecto organizado por Tá en artes, sobre a figura do artista residente en Mondoñedo Juan Puchades Quilis a través dunha reflexión aberta, realizando traballos nos que, ademais da obra do artista, se reflexiona sobre escultura e patrimonio . Estes traballos quedarán expostos na Antiga casa de Administración de Sargadelos a partires do 1 de Xuño do 2018. Ó mesmo tempo cada un dos traballos presentados opta ó primeiro premio Juan Puchades Quilis que concede o Concello de Mondoñedo ós mellores traballos dos catro niveis educativos con unha dotación económica de 600 euros para cada un dos niveis educativos, e que organiza o IES San Rosendo de Mondoñedo. Esta será unha das tres aportacións que o Concello de Mondoñedo realiza para honrar a figura do artista mindoniense, e que foi unha idea suxerida pola alcaldesa Elena Candia, algo que a Asociación Tá en artes agradece.
A Asociación Tá en Artes presenta o cartel que será a imaxe para a homenaxe ó escultor Juan Puchades Quilis a desenvolver durante o ano 2018. Esta imaxe realizada por Alicia Puchades, estará presente nas catro exposicións catálogos e traballos que se realicen ó longo de este ano.

Exit mobile version