Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó Ministerio de fomento a instalar sinalización turística na A-8 e N-642 da basílica de San Martiño

Foz 21-2-18. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Basílica de san Martiño recibe numerosa visitas durante todo o ano. Fai un tempo o noso grupo municipal, presentaba unha proposta para mellorar a sinalización na estrada que dá aceso a este monumento, tanto indo dende Foz como vindo dende O Valadouro. Vemos como cando saes de viaxe por outras localidades onde hai tamén monumentos deste estilo, atópaste con distintas sinalizacións turísticas que che indican os kms. que faltan para chegar, ou que en tal pobo tes un monumento para visitar, por iso cremos que este monumento tamén podería estar perfectamente anunciado tanto na A-8, como na N-642 con paneis turísticos como o que axuntamos a modo de exemplo.

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar ó Ministerio de Fomento a instalar sinalización turística na A-8 e N-642 da Basílica de San Martiño.

Exit mobile version