Site icon Crónica3.com A Mariña

O 26 de febreiro ábrese o prazo de inscrición nos cursos de bailes de salón, que organiza a concellería de servizos sociais de Burela

Patricia Otero explica que “todas as persoas interesadas en participar poden achegarse ata a Casa do Concello para anotarse, dado que a inscrición será presencial”. As prazas son limitadas. A actividade dará comezo o 6 de marzo e rematará o 26 de xuño. O martes é o día elixido para o desenvolvemento desta actividade. As quendas serán as seguintes: de 18:45 a 20:00 horas, de 20:00 a 21:15 horas e de 21:15 a 22:30 horas. O baile de salón impartirase na Casa da Cultura. As persoas interesadas en obter máis información poden chamar ao seguinte número de teléfono: 982 58 06 09.

Exit mobile version