Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG convida a mobilizarse para pararlle os pés á brigada de destrucción do PP liderada por Feijóo e secundada polos seus acólitos institucionais na comarca

A Mariña, 1 de febreiro 2018. O Bloque Nacionalista Galego mostra o seu total apoio á manifestación convocada para o próximo domingo 4 de febreiro en Compostela en defensa da sanidade pública e en contra da eliminación da Área Sanitaria da Mariña. Militantes, cargos públicos, orgánicos e institucionais da formación nacionalista viaxarán a Santiago nos autobuses fletados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña, da que o BNG forma parte, na compaña de centos de mariñáns que unha vez mais farán oir as súas voces en defensa da Área Sanitaria mariñá, en defensa da sanidade pública e en contra da perda de servizos sanitarios no Hospital da Costa e na Atención Primaria.
O PP desmantela e privatiza a sanidade pública
“A política sanitaria do PP tén como fin a privatización e o desmantelamento da sanidade pública galega a base de recortes continuos co fin de poñela ao servizo de intereses privados, facendo así negocio coa saúde das persoas”, manifestou a responsable comarcal Ana Ermida que engadíu: “e na Mariña desgrazadamente sabémolo ben, pois a derivación de doentes a Lugo e a clínicas privadas é contínua”.
Para o BNG os recortes teñen unha gravísima repercusión na prestación dos servizos sanitarios, no deterioro asistencial: colapsos de urxencias, sobrecarga laboral d@s traballador@s e aumento das listas de espera, feito este que tamén se constata no Hospital de Burela e a “solución” que aporta o Sergas a este problema é maquillar torticeiramente as listas de espera.

O BNG convida a mobilizarse para pararlle os pés á brigada de destrucción do PP liderada por Feijóo e secundada polos seus acólitos institucionais na comarca
Coa reforma da Lei de Saúde o PP quere certificar definitivamente a desaparición da Área Sanitaria da Mariña convertindo ao Hospital de Burela e á Atención Primaria na comarca, en meros apéndices do Hula, en Lugo, que será o hospital de referencia, dispoñendo e administrando este, desde Lugo, os recursos do noso Hospital da Costa, provocando a derivación dos doentes a clínicas privadas, e alonxando a a sanidade dos seus usuarios, que no caso da nosa comarca supoñen desprazamentos de 100 km, nunha comarca con graves deficiencias de infraestruturas de comunicacións. “Por todo esto o BNG cree necesaria esta e todas as mobilizacións que a cidadanía organiza para pararlle os pés á brigada de destrucción do PP liderada por Feijóo e secundada polos seus acólitos na comarca, tanto nos concellos da comarca onde gobernan como nas institucións de mais arriba da Xesta e da Gañidoira, donde desempeñan o penoso papel de indignos representantes da Mariña”, concluiu Ana Ermida.

Exit mobile version