Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Burela non entende o continuismo nos orzamentos que propón o PSOE

Burela, 01 de Febreiro de 2018. O goberno local de Burela presenta uns orzamentos totalmente continuistas dos anteriores. Non existen grandes cambios en liñas xerais e non se propón nada novo para o futuro de Burela. Do mesmo xeito que nos anos anteriores, o gasto en servizos públicos básicos aumentan e afogan a liquidez do concello para os investimentos, o fomento do emprego, os asuntos sociais e o tecido comercial. “O orzamento para o servizos de abastecemento de auga, xestión de residuos e limpeza viaria e alumeado público aumenta en 37.000 euros, 70.000 euros nos últimos dous exercicios. Pero é que a nivel de gasto real, xa executado, observamos na liquidación observamos como en 2017 se gastaron 193.000 euros mais ca en 2016, en concreto en alumeado gastáronse 100.000 euros mais, sen que estes servizos melloren as súas prestacións, mais ben todo o contrario” indicou o voceiro do BNG Mario Pillado.
“Sen embargo, partidas fundamentais, como seguridade e movilidade viaria, medio ambiente, servizos sociais ou comercio, turismo e pemes aumentan en moita menor medida, de feito a partida destinada a fomento de emprego descende 36.000 euros, un 15 % menos, respecto o orzamento do ano anterior. É tamén grave o feito de que a cantidade destinada a investimentos diminúa uns 100.000 euros, case un 24 %, respecto ó ano pasado” sinalou Pillado que engadiu que “o goberno do PSOE non fai nada do que di e promete, en tres orzamentos aínda non vemos nada de remunicipalización de servizos nin das grandes obras, nin o novo pavillón nin a piscina” espetou o voceiro nacionalista.
O BNG tenta solucionar problemas para os estudantes de Burela.
Visto que o goberno local non ten capacidade para mudar nada respecto o futuro da vila, o BNG, ademais de opoñerse á aprobación destes orzamentos, plantexa solucións para os estudantes da vila. Algúns deles teñen que desprazarse a vilas veciñas para cursar ciclos de grao medio e superior. Fan o traxecto en autobús, que teñen que pagar, pero no camiño ese mesmo trasporte recolle alumnos do concello de Cervo que están exentos deste custo porque se fai cargo o seu goberno municipal. “esto xenera unha discriminación e unha inxustiza evidentes para as rapazas e os rapaces de Burela usuarios deste servizo, polo que queremos saber se neste orzamento e nos anteriores se destinan fondos para costear estes servizos ós usuarios da vila e rogamos ó concello que se faga cargo deste gasto” comentou o edil do BNG. “Tamén solicitamos do concello que articule o xeito de que a bibliteca municipal manteña o horario de tarde nos períodos vacacionais, onde moitos estudantes voltan á casa e precisan ese servizo, posto que recibimos queixas despois deste Nadal” dixo o voceiro nacionalista. Tamén levaron a pleno cuestións referentes a análises de agua de varias fontes da vila.

Exit mobile version