Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG exixe ao Ministerio de fomento actuacións urxentes na Mariña para rematar coa marxinación á que someteron e someten os sucesivos gobernos a esta comarca

IMG_5400A Mariña, 21 de febreiro 2018. Desde o BNG comarcal insisten unha vez mais na marxinación que A Mariña sigue a sufrir a nivel de infraestructuras, feito evidente e constatable nestes días en que a choiva acabou por desfacer totalmente o firme da N-642 e tamén en puntos da N-634. No día de onte, na reunión do Consello Comarcal do Bng mariñao tratouse entre outros este tema que tanto preocupa e con razón cabrea á poboación.
Según o Bng, toca mobilizarse e toca actuar, diante da situación crítica das infraestruturas viarias da comarca. Nesta reunión acordaron dirixirse ao Goberno do Estado para que desde o Ministerio de Fomento se axilice ao máximo o arranxo das estradas N-642 e N-634, dada a gravidade e perigosidade que supón agora mesmo circular por elas, especialmente pola N-642.
Desde o Bng piden que se axilicen ao máximo os prazos para execución da obra de rehabilitación estructural do firme na estrada da costa, anunciada no BOE do 8 de xaneiro deste ano, obra da que vén de pecharse a semana pasada o prazo para presentación das ofertas.
“Non podemos quedarnos de brazos cruzados, nin nós, nin a cidadanía. A Mariña, a comarca que mais contribúe porcentualmente ao PIB da provincia de Lugo non se merece esto, nin pode aturar mais tempo esta inxustiza” manifestou a portavoz comarcal do Bng, Ana Ermida, quen avanzou tamén outro dos acordos que o Bng adoptou na súa reunión comarcal é demandar do Goberno do Estado o desbloqueo dos proxectos da autovía Barreiros-San Cibrao, coa correspondente consignación orzamentaria nos orzamentos do 2018, pois o tramo Barreiros-Foz ainda tén en fase de redacción o proxecto de construcción, e no tramo Foz-Burela ainda non o adxudicaron, e o Burela-San Cibrao nin siquera o licitaron. “Esto é unha auténtica tomadura de pelo”, engadíu a portavoz nacionalista, que tamén fixo fincapé no feito de que A Mariña desde o goberno central sempre foi a gran esquecida, independentemente de que foran uns ou outros os que ostentaran ese goberno.
Desde o Bng comarcal instan tamén ao Ministerio de Fomento a buscar unha solución efectiva para o problema do Fiouco, que sigue sen concretarse con ningunha alternativa catro anos despois, limitándose a concursos de ideas para os que destinaron 6 millóns de euros.

O Bng convoca a unha concentración na Xesta o sábado 24 ás 5 da tarde

Os nacionalistas acordaron realizar o próximo sábado 24 unha concentración na Xesta, perto do enlace coa A-8, no p.k. 596 da N-634, ás 5 da tarde, donde presentarán tamén ás súas demandas e propostas para dar solución aos graves problemas de infraestructuras da comarca, escollendo este lugar tamén como símbolo da desconexión coas grandes vías de comunicación que sufre esta comarca, iniciativa que partiu do Bng en Mondoñedo.

O Goberno da Xunta tamén marxina á comarca en materia de infraestructuras

Para o Bng, o Partido Popular cébase continuamente contra esta comarca, non só desde o goberno central, senón tamén desde a Xunta, pois o tema do corredor San Cibrao – Ferrol é unha indecencia, porque de 90 km só levan executado 15, e Feijóo anuncia que presentará a variante de Viveiro nos primeiros meses deste ano, cando esta obra tiña que estar remada na súa totalidade no 2013. “Unha auténtica vergoña”, dicen os nacionalistas.

Exit mobile version