Desde o BNG fan referencia tamén ás queixas veciñais polo corte de camiños públicos durante varios días, impedindo o acceso polos mesmos a outros usuarios, e aseguran tamén que as empresas madeireiras, no caso do Valadouro, nunca reparan ao cen por cen o dano feito, limitándose en moitos casos simplemente a “achaar a lama”, pero sen reparar o firme dos viais.
O portavoz do BNG traslada esta situación á alcaldía para actuar desde o concello na procura dunha solución
Eduardo Chao González, portavoz do BNG no Valadouro e tamén tenente alcalde manifestou que estes feitos reprodúcense todos os anos, e polo tanto vai trasladarlle ao alcalde esta situación para que exixa o cumprimento da normativa. “Os traballos de tala e saca de madeira, moi importantes para a economía das veciñas e veciños do concello, teñen que ser tamén compatibles co mantemento en bon estado de camiños e viais municipais, e para eso é necesario facer cumplir as normativas ao respecto”, manifestou Eduardo Chao.
Según o BNG, desde alcaldía debe aplicarse unha Ordenanza reguladora do uso e aproveitamento especial de vías públicas e espazos de titularidade municipal, que xa se está aplicando noutros concellos da comarca.