Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo anima aos veciños a revitalizar as súas fincas coa plantación de árbores froiteiras

170218 Entrega árbores froiteirasA edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, e o de Medio Rural, Plácido Pérez, entregaron máis de 70 árbores froiteiras aos veciños que quixeron participar neste pedido conxunto, que dende o Concello de Cervo se leva tramitando dende hai xa varios anos. Méndez recorda que “a concienciación ambiental ocupa unha posición preeminente na nosa liña de traballo, e por iso poñemos especial énfase en iniciativas coma esta, coas que pretendemos abrir camiño aos veciños para que, nesta caso a través da plantación de árbores froiterias, as súas fincas sexan cada vez máis produtivas”. O ter tramitado o pedido conxunto supón, ademais, un importante aforro aos veciños que solicitaron as árbores, que nesta ocasión foron fundamentalmente maceiras, perales, cerdeiras, castiñeiros e nogueiras.

Exit mobile version