Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo baixa impostos para favorecer o fomento de emprego de calidade

160218 Baixada impostosCervo, 16 de febreiro.- O Concello de Cervo aprobou no pleno ordinario celebrado no día de onte, unha baixada de impostos co obxectivo de favorecer o fomento do emprego no municipio.
O alcalde, Alfonso Villares, sinalou que, deste xeito, vimos de subscribir o protocolo promovido pola Xunta de Galicia e a Fegamp, que leva consigo a modificación de tres ordenanzas (ICIO, IAE, IBI) co fin de incidir no fomento da implantación e fixación de empresas no noso termo municipal.
De tal xeito que, tal e como explicou Villares, “as empresas que creen máis de vinte postos de traballo poden conseguir ata o 95% de bonificación nestes impostos; se crean entre 11 e 20 postos, cando menos o 75%, e pola creación de ata de empregos, cando menos o 50% de dedución.
Ademais, engadiu o rexedor, “falamos do apoio ao fomento de emprego de calidade, porque as empresas teñen que manter esas condicións durante tres anos polo menos, e dende o Concello estaresmos vixiantes, supervisando que así sexa”.
O alcalde apuntou que esta iniciativa vén sumarse a outras que xa estamos a desenvolver dende o Concello en materia de política de emprego; como son os locais que temos habilitados no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos cos que pretendemos favorecer a aqueles emprendedores que desexen desenvolver unha actividade poñendo á súa disposición espazos acondicionados polos que poden chegar a pagar 20 euros ao mes”.
A proposta saíu adiante cos votos a favor do PP e do PSOE, e coa abstención do BNG.

Exit mobile version