Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo mellora o sistema de recollida de augas e crea unha nova zona verde na Veiga

070218 Obras na VeigaCervo, 07 de febreiro de 2018.- O Concello de Cervo está a mellorar a o sistema de recollida de augas pluvias na zona da Veiga, en San Cibrao.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, estiveron supervisado a actuación que consiste na instalación de novas tubaxes de drenaxe e na colocación de arquetas “coas que evitaremos que se poidan formar charqueiras ou haxa desbordamentos, os días de chuvia intensa”.
Cando rematen esta actuación –engadiu- “crearemos unha nova zona verde nesa contorna, na que plantaremos palmeiras e outros elementos arbustivos; cos que tamén melloraremos a imaxe da Avenida”.
Son actuacións que vimos desenvolvendo con regularidade en todo o termo municipal co fin “de manter unha imaxe homoxénea, coidada, e na que as zonas verdes teñan o seu protagonismo; xa que son lugares pensados para o esparcemento e que tamén embelecen a contorna”.

Exit mobile version