Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo traballa na reparación da tubaxe dun filtro que provocou o baleirado da piscina olímpica municipal

Cervo, 12 de febreiro de 2018.- O Concello de Cervo traballa dende primeira hora da mañá na reparación da tubaxe dun dos filtros que provocou o baleirado, case completo, da piscina olímpica municipal de Lieiro.
O rexedor, Alfonso Villares, apuntou “que a avaría tivo que producirse onte domingo, que estivo pechada a instalación, porque o sábado funcionou con total normalidade; e foi esta mañá cando detectamos o problema”.
Villares suliñou que “dende o minuto un, que tivemos coñecemento da avaría, estamos a facer todos os traballos necesarios para recuperar canto antes a normalidade, e xa nos puxemos en contacto cos provedores cos que traballamos para adquirir as pezas danadas; pero este problema provocará que teñamos que pechar a instalación durante uns días, mentras se acometen os traballos e se volve encher a piscina”.
O alcalde recordou que sabemos que temos unha instalación única na provincia de Lugo, e das poucas que hai en Galicia, o que supón para nós unha honra, sen dúbida, pero loxicamente os gastos de mantemento tamén son importantes; e seguramente por iso, moitas grandes cidades non apostaron por instalacións deste tipo.
Temos que estar moi orgullosos da piscina, que é un luxo, e ter en conta –engadiu- “que son problemas ocasionais como os que nos podemos atopar nos nosos fogares, de xeito fortuíto, sen causa aparente”.

Exit mobile version