Site icon Crónica3.com A Mariña

O fútbol sala burelista entra nas aulas de Castro de Rei e Burela

visita-castroderei18Burela 19-2-18. A semana comezou de forma diferente para o Pescados Rubén Burela FS con visitas ao CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei e ao IES Monte Castelo de Burela. Edu, Hélder e Sara Correia, xunto ao monitor de base Simón Martínez, estrearon as visitas de ‘Coñece o Meu Club’ compartindo a súa maior paixón este luns cos máis de 80 alumnos/as de entre 3 e 12 anos, acompañados polo seu mestre de Educación Física, o burelao Jairo Campo. O estudantado do ciclo de Actividades Físicas e Deportivas do instituto Monte Castelo tamén profundou un pouquiño máis nos detalles deste deporte, cunha sesión práctica dirixida polo adestrador burelista de Segunda LNFS, Juanma Marrube, e o preparador físico, Alfonso Mera.

Exit mobile version