Os representantes do IES de Foz no evento son Ander Villanueva Santiago, que participará no campionato de baristas, e Juan Rubiños Prieto, que competirá no de catas de cafés.
O programa de actividades ábrese mañá, mércores, ás 16:00 horas coa recepción de participantes e xuíces. Ás 17:00 horas empezarán as probas do XI Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e media hora despois celebrarase o VI Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escolas de Hostalería, cuxa entrega de trofeos e diplomas terá lugar ás 20:15 horas. A continuación haberá unha demostración de tiraxe de cervexa a cargo dun brand ambassador de Mahou e rematará a xornada cun cóctel de benvida.
O xoves ás 09:30 horas continuará o campionato de baristas de escolas de hostalería e ás 14:00 terá lugar a entrega de trofeos e diplomas deste certame.
E o venres a partir das 09:30 horas disputarase o VI Campionato Internacional de Baristas Profesionais. Ás 14:00 desenvolverase a charla titulada A infusión, a ovella negra da hostalería, que correrá a cargo de Juanjo Barquilla e Víctor Couto. E a continuación rematará o evento coa entrega de premios e diplomas de participación do campionato de baristas profesionais.
O xoves e o venres de 09:30 a 13:00 horas na cafetería de Hostalería do IES de Foz haberá degustacións de cafés por deferencia de Candelas, Veracruz, Cafento, Lúa, Dromedario, Mafari, Mocay, Foronda e Templo, acompañados por Gotas del Marqués.