Site icon Crónica3.com A Mariña

“OS LIBROS ARDEN MAL”

É certo o que di Manuel Rivas, os libros arden mal, moi mal se o obxecto de queimar é que desaparezan. Intentouse varias veces na historia da humanidade sen resultados óptimos.
No caso da obra Fariña, tan en boga, non é a fogueira de San Xoán o risco , é a acción da xustiza que nin máis nin menos decreta un secuestro, manda truco. Secuestro que se fai na décima edición, que ven sendo máis ou menos, como suturar unha arteria con tiras. Quero pensar que a xuíza algo se ruborizou na aplicación de tan efectiva medida, recollida no marco xurídico da moderna España.
Vaia por diante que non teño o libro en cuestión, pero aseguro que xa está de primeiro na miña lista de desexos por se alguén se apunta. Agora que Galaxia estaba artellando a edición en galego, seguro que moitos e moitas xa tiñamos espazo reservado. Teño porén unha suxestión á editorial e a Nacho Carretero: Editádeo en Portugal!!! Está visto que a única maneira de poñer en evidencia a nosa arcaica xustiza e internacionalizar os procesos, ademais seguro que en AGAL apoian esta suxestión.
Estou imaxinando as librarías da raia recibindo a peregrinación dos galegos a mercar o libro secuestrado, como en outros tempos, eu prometo ir.
Ó final tende en conta que foron Bélxica e Suíza, poñendo os puntos nos asuntos para aqueles que queren entender, quen frearon en seco as aspiracións dalgún xuíz, quizais por medo ó ridículo internacional e puxeron en evidencia algunha actuación legal, queda moito por escribir nese eido e seguro que nada favorable á marca España.
O feito da aplicación de este tipo de medidas polos noso árbitros xurídicos e ás claras a mostra de que os políticos que lexislan en “San Jerónimo” están a outras cousas, cando tiñan que estar traballando na modernización e adecuación do marco xurídico. Secuestrar libros no S. XXI, na décima edición e con internet a todo gas é un exemplo de modernidade.
Merece especial mención que saíndo só en dúas ou tres liñas o ex-alcalde do Grove estase a des tapar case como un personaxe principal da trama cando menos como bendita promoción. Dicir tamén que por-suposto ten dereito Bea Gondar á defensa da súa persoa, o problema non reside nel, reside no marco xurídico que ampara medidas que a todas luces non serven de nada, por iso penso que pode ser unha boa estratexia publicar o libro en Portugal, pode ser de traca unha eurorde de secuestro dun libro.
Spain is Different canta razón tiña Fraga.

Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.

Exit mobile version