Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Mondoñedo denuncian que a furgoneta adaptada para os usuarios do centro de día leva aparcada dende fai máis dun mes no taller

mondoñedo-coche adaptadoMondoñedo, 5 de febreiro de 2018. Os socialistas de Mondoñedo denuncian que o furgon adpatado para transporte de persoas con dispacidade ou dependentes, que custou mais de 41.000 euros, despois de mais dun mes, aínda non foi retirado do taller. A voceira socialista Esperanza González denuncia a inacción e a deixadez do Goberno de Elena Candia.

González explica que o procedemento de contratación deste vehículo iniciouse no pasado mes de novembro de 2017, polo procedemento de contrato negociado sen publicidade, demandando ofertas a 3 empresas. Sendo adxudicataria unha oferta cun importe total de 41.140 euros financiada cunha subvención de 35.927 euros do AGADER, e 5.212 euros que aporta o Concello.

“Tal e como consta no contrato de adxudicación o entregouse nun prazo de 29 dias, é decir nestes momentos, xa pasaron máis de un mes desde que o vehiculo foi recepcionado no taller, pero dende o Concello de Mondoñedo ninguén foi retiralo”, sinalou.

“Esta situación demostra que Goberno da Elena Candia está mais preocupado por saír nas fotos que por atender ás demandas dos veciños. Non entendemos como un investimento destas características, a dia de hoxe, segue paralizado pola ineptitud deste Goberno”, resumiu.

Exit mobile version