Os usuarios da Asociación Camiña, participaron este xoves nunha actividade titulada “Pesca de envases”, organizada polas monitoras do Centro Gaia pertencente á Concellería de Medio Ambiente de Burela
redac
Desde Gaia explican que “coa axuda dunhas simples cañas de pescar os participantes puxeron en marcha a súa habilidade, destreza e coordinación para pescar todo tipo de envases, posteriormente clasificalos e depositalos nos seus colectores correspondentes”. A edil Noelia Mª Ben destaca que “a través deste xogo pretendemos ensinar a clasificar correctamente os residuos xerados no fogar”.