Site icon Crónica3.com A Mariña

Ourense e O Esteo, rivais laranxas de semifinais de copa Galicia

chus-noiacopagaliciaBurela 16-2-18. O Pescados Rubén Burela FS coñeceu a identidade dos seus rivais de semifinais de Copa Galicia onte pola tarde na reunión mantida na Real Federación Galega de Fútbol. Ourense Envialia será o inimigo a bater para as pupilas de Julio Delgado e Lucas; o cadro de Juanma Marrube medirase ao Esteo.

A fase final da cita irmandiña feminina disputarase o sábado 31 de marzo e domingo 1 de abril, con Cidade das Burgas-Poio Pescamar como protagonisas da outra semifinal.

A competición masculina decidirase entre o luns 30 de abril e o martes 1 de maio. Santiago Futsal e O Parrulo pelexará polo segundo billete na loita definitiva polo título.

A sede de ambas as pugnas están pendente de designación.

Exit mobile version