Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o PSOE, o Alcalde de Foz é o rei da improvisación.

Foz 19-02-2018.- Tras o anuncio do Alcalde de Foz de que vai a actuar novamente sobre o remodelado pavillón Torques de Marzán a tan só tres meses da súa inauguración para cambiar a cuberta, xa que, segundo afirma «a actuación que se levou a cabo non garante a impermeabilidade…» sinalando ademais que, os informes técnicos, indicaban que non era necesario actuar sobre a cuberta.

Dende o PSOE de Foz temos que dicir que esa impermeabilidade non garantida da que fala chámase goteiras, Sr Alcalde, goteiras.

Unhas pingueiras que todo o mundo sabia que existían antes de comezar a obra, por iso estaba levantado o parquet substituído, e das que foi advertido moitas veces polos usuarios do pavillón.

Unhas pingueiras que continúan como antes da reforma e que, a día de hoxe, obrigan a ter cuberto con materiais empapadores varias zonas do remozado parquet ou a ter colocar caldeiros cando chove moito para recoller a auga que entra.

O cambio de cuberta era algo a todas luces imprescindible, pero como de costume o Alcalde comeza as obras ó revés, de pouco vale poñer o mellor parquet si antes non se soluciona o problema que o deteriora

E como de costume, o Alcalde, intenta botar balóns fora, culpabilizando aos técnicos.

No PSOE preguntámonos porqué se fixo así? Ou que tipo de informes eran os que negaban a necesidade de actuar sobre a cuberta cando todo o mundo sabía que había goteiras?

A razón é simple, por que houbo unha baixa temeraria na adxudicación desta obra, ese é o orixe de que non se substituíse a cuberta nun principio e primou mais concederlle a reforma a determinado construtor que facer as cousas como se debía dende o principio

Preguntámonos, si nesta nova actuación para o cambio da cuberta, o adxudicatario será o mesmo? O tempo dirá si temos ou non razón cando día si e día tamén nos vemos na obriga de denunciar os amiguismos do alcalde á hora de conceder as obras do Concello de Foz

Todo isto demostra que o Alcalde é o rei da improvisación como vemos cas voltas que leva dado co tráfico na avenida da Mariña pasando pola humanización, semi-peonalización, peonalización, ou coa reforma de Álvaro Cunqueiro cos sentidos do tráfico sen definir, onde os veciños e vecinas nin saben como vai ser.

Exit mobile version