Site icon Crónica3.com A Mariña

Posponse ata novo aviso a excursión á neve prevista para o vindeiro domingo, 4 de febreiro

Desde o Concello de Barreiros subliñan que “debido as malas previsións meteorolóxicas a excursión organizada polo Concello e que estaba prevista para este domingo, día 4, queda pendente ata novo aviso. Previsiblemente farase despois do entroido, pero iremos informando tan pronto teñamos unha nova data”. A viaxe era á estación de esquí de Leitariegos. Desde o Concello piden desculpas polas molestias ocasionadas “pero por seguridade debemos actuar así”.

Exit mobile version