No acto, Lionel Rexes contará coa colaboración de Pepe Peinó (escritor, actor, cineasta, mestre, presidente do SEVA…) e Bernardo Penabade (ensaísta, activista cultural e profesor de galego no IES O Perdouro); este último é autor dunha Unidade Didáctica sobre A raíña das velutinas; traballo que tamén será presentado no mesmo acto. Participará tamén Xabier Pardiñas, responsábel da área municipal de Cultura de Alfoz.