
J. J. Martínez Ferreiro, profesor de Bioloxía de IES Vilar Ponte, presenta o xoves día 15 de febreiro ás 20:30h no Complexo Cultural Regal-Xunqueira o seupoemario “Las páginas del agua”. A obra ten poemas en castelán e en galego. Recitarán o poeta vivairiense e autor do prólogo Xaime Oroza e J. J. Martínez Ferreiro. Ao acordeón estará Narciso Simón Rúa e á percusión Irene Rivas. Ao final haberá unha charla coloquio.