Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do Caderno 7 do Seminario de Estudos do Valadouro

unnamedO Valadouro 20-2-18. Este domingo, día 25 de febreiro, ás 19,00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” de Ferreira do Valadouro, presentaremos o Caderno 7 do SEVA. Xa temos o libro impreso e preparado, como vemos na foto: un repaso asequible e fácil de ler, con abundantes ilustracións, ós primeiros anos da historia do Valadouro (Alfoz e O Valadouro), dende a presenza dos primeiros seres humanos na Prehistoria ata a coñecida como Idade Antiga, que rematou coa presenza romana na nosa terra. O Doutor en Arqueoloxía mindoniense Abel Vigo fixo un excelente traballo e un gran favor ó noso Val, accedendo a realizar este traballo. No acto contaremos coa presenza do autor e de Xesús Pisón, responsable da Área de Sociedade do noso Seminario, ademais do Presidente, Pepe Peinó. O autor asinará exemplares do Caderno a aqueles asistentes que o desexen. Gustaríanos contar cunha boa presenza de público, porque a nosa historia e a nosa cultura tócannos a todos e nelas se basea o que somos e a nosa situación presente.

Exit mobile version