Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do Caderno 7 do SEVA

IMG_8097O Valadouro 25-2-18. O pasado domingo, día 25 de febreiro, no Salón de Actos da Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” de Ferreira do Valadouro, presentouse o Caderno Número 7 do Seminario de Estudos do Valadouro, titulado “Valadouro: Prehistoria e Idade Antiga” e escrito polo Doutor en Arqueoloxía mindoniense Abel Vigo García. Trátase dun tratado destas etapas iniciais da historia do Val presentado dun xeito fácil de ler e de comprender, con abundantes ilustracións.
Ó acto asistiron numerosos socios do SEVA, así como algunhas outras persoas alleas a el e contou coa intervención de Pepe Peinó, Presidente do SEVA, de Xesús Pisón, Coordinador da Área de Sociedade do SEVA e promotor da publicación, e co autor, Abel Vigo, que explicou por medio de diapositivas os aspectos máis importantes do contido do libro.
Esta publicación chega despois de máis dun ano sen publicar nada por parte do SEVA, debido a problemas coas diversas subvencións.
O Caderto 7 estará proximamente á venda nas librerías de Ferreira e Alfoz e tamén nalgunha doutros concellos, como en Burela e Foz, así como no Castelo do Castrodouro.
O SEVA inaugura tamén para o vindeiro sábado, día 3 de marzo, o seu VI Festi-Val de Cine, coa reposición do filme “Lume na alma”, rodado hai 10 anos no instituto Alfoz-Valadouro.

Exit mobile version