Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do curso 2017-18 da escola municipal de música de Xove

PRESENTACIÓN CURSO 17-18 E. M. MÚSICA DE XOVE (1)Xove 20-2-18. Esta presentación desenvolveuse o pasado luns, na sede da Escola no antigo Colexio de Palmeiro, a partires das 20:00 horas, como paso previo ao comezo das clases da Escola, que oficialmente comezaron o martes, 3 de outubro.
Na mesma informouse aos alumnos/as e pais asistentes de tódalas modalidades, especialidades e actividades que a Escola ten para este curso.
A Escola acolle este ano a 47 alumnos, sete máis co pasado.
Dentro das novidades para este ano está a creación dunha sala de adultos e musicoterapia. Trátase de “música para manterse xove“: a música como prevención, a música para exercitar a memoria, habilitar as habilidades motrices, etc. Para esta Aula vaise abrir un prazo de inscrición do 5 ao 31 de outubro, ámbolos dous días incluídos; a inscrición vai ser gratuita.
Tamén dentro das novidades está a imporación de clases de jazz co fin de formar posteriormente un grupo de jazz.

Exit mobile version