Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeiros premiados na ruta de viños, que se celebra os xoves, venres e sábados en 8 locais hostaleiros das Rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña, de Foz

Foz, 26 de febreiro de 2018. Do 22 de febreiro ao 24 de marzo desenvólvese en Foz os xoves, venres e sábados a Ruta de Viños na que participan 8 locais hostaleiros das rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña. Trátase de Leyton, Mayros, Xoyma, Dandy, Happy, Express, Anduriña e Xoiña.
E para incentivar que a xente acuda á Ruta de Viños os hostaleiros fan cinco sorteos en Radio Foz, empregando o sistema de extracción de cartulinas. Cada semana haberá dous premios: 1 vale para cear 5 persoas por valor de 100 euros nun dos restaurantes que participan nesta iniciativa e 3 vales por valor de 20 euros cada un para consumir nas cafeterías Mayros, Express e Anduriña.
O primeiro destes sorteos tivo lugar esta mañá en Radio Foz. Os afortunados son Pablo Pallares, que obtivo unha cena para 5 persoas, valorada en 100 euros, en Xoyma; e Pilar Piñeiro, que gañou 60 euros en vales de consumo para gastar en Anduriña, Express e Mayros (20 euros en cada local).
Os seguintes sorteos da Ruta de Viños serán os días e 5 e 12 de marzo. Haberá un total de cinco ata o remate desta iniciativa.
A Ruta de Viños inclúe a elaboración dunha tapa especial por parte dos locais participantes os xoves.

Exit mobile version