Site icon Crónica3.com A Mariña

Publicación do Caderno Número 7 do Seminario de Estudos do Valadouro

O Valadouro 1-2-18. Xa está listo o Caderno Número 7 do Seminario de Estudos do Valadouro. Trátase dun meritorio estudo histórico feito polo Doutor en Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Abel Vigo García. Con este estudo, titulado “O Valadouro: Prehistoria e Historia Antiga”, promovido polo noso coordinador da Área de Sociedade, Xesús Pisón, queremos encher un espazo baleiro ata agora no estudo da historia do noso Val. O libro, con arredor de 70 páxinas, fai un percorrido moi ben ilustrado con fotografías das primeiras etapas históricas pola zona de Alfoz e O Valadouro, e inicia tamén unha nova etapa nos nosos cadernos, pois a presentación deste Número 7 vai ser máis acabada, incluirá ISBN e Depósito Legal e, finalmente, o contido, sen ser totalmente exhaustivo, será moi completo.
A presentación será o vindeiro día 25 de febreiro, domingo, ás 19,00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” de Ferreira do Valadouro. Contaremos coa presenza do autor, de Xesús Pisón, Coordinador da Área de Sociedade do Seminario, e con Pepe Peinó, Presidente do SEVA.

Exit mobile version