Site icon Crónica3.com A Mariña

Última semana para inscribirse nos Campus de Emprendemento Sostible gratuítos do Goberno da Deputación

ENCONTRO CON EMPRENDEDORESLugo, 27 de febreiro de 2018. Última semana para inscribirse nas dúas accións formativas que o Goberno da Deputación organiza totalmente de balde ao abeiro do V Campus de Emprendemento Sostible no Centro de Interpretación Terras do Miño, situado no Paseo do Río Rato, na capital luguesa. Os interesados poden inscribirse ata o 5 de marzo, ou ata completar o aforo, no espazo habilitado en www.deputacionlugo.gal. Quedan 30 prazas vacantes.

As accións formativas que se ofertan, de maneira gratuíta son:

Campus de motivación empresarial: abordaranse os elementos principais a ter en conta á hora de abrir unha empresa, as oportunidades de negocio na provincia, os proxectos exitosos postos en marcha… As sesións teóricas terán lugar o 6, 7 e 8 de marzo en horario de 10:00 a 14:00 horas. Haberá visitas a empresas o 9 de marzo.

Campus de maduración empresarial: traballarase a maduración da idea empresarial de cada un dos participantes, analizando, por exemplo, a súa viabilidade comercial, técnica e legal a través da metodoloxía Canvas, o enfoque medioambiental con exemplos prácticos ou a viabilidade económico-financeira a 5 anos. As sesións teóricas desenvolveranse o 12, 13 e 14 de marzo en horario de 10:00 a 14:00 horas. Haberá visitas a empresas o 15 de marzo.

21 empresas xeradas
As catro anteriores edicións do Campus de Emprendemento Sostible supuxeron polo de agora, pois continúa o asesoramento para a posta en marcha de máis proxectos empresariais, dun total de 21 novas empresas na provincia. Estas son as seguintes: A horta da Sancoveiga; Esther Fernández Díaz; Nenea, medrar creando; Avogar; Bico de Grao; PK3 Ingenieros; Marmeladas Acea de Olga; WiseKid Summer Camp; Mel Casa Príncipe; Explotación Extensiva de Gando Vacún; Abadía; Bufarda Arquitectura; Esmorga Eventos; Galimós: A nosa granxa de galiñas de Mós; M3 Aguas: ingeniería ambiental; Tu alicate, tenda online de ferramentas; Artesanía Calabazas Mago de Luz; Centro Shalom; Caserío Meiroi; Elexes, más que electricidad; Hotel Os Ancares.

Exit mobile version