Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa se coñecen os nomes d@s gañadores das cinco ceas que o CCA de Foz sorteou dentro da súa campaña de San Valentín

Foz, 20 de febreiro de 2018. Xa se coñecen os nomes d@s gañadores das cinco ceas que sorteou este mediodía o Centro Comercial Aberto de Foz dentro da súa campaña de San Valentín.
Trátase de Beatriz Lestegás Pacheco, que realizou unha compra en Viajes Rodríguez; Rubén Burgos Rodríguez, por unha compra en Din y Don; Elena Muinelo Paz, por unha compra en estación de servizo La Ola, ao igual que María García García; e Beatriz Díaz Martínez, por unha compra en Living Sport.
Os afortunados e afortunadas dispoñen dun mes para consumir as súas ceas no local hostaleiro asociado ao Centro Comercial Aberto que eles elixan.
Desde o CCA felicitan aos gañadores do sorteo, que tivo lugar este mediodía nos estudios de Radio Foz e no que participaron todas as persoas que realizaron as súas compras de San Valentín nos locais asociados entre o 7 e o 14 de febreiro.

Exit mobile version