Site icon Crónica3.com A Mariña

110 mulleres anotáronse á Cea que se celebrará este sábado no Concello de Cervo con motivo do Día da Muller

Ás 20:00 horas o monologuista Xan Veiga actuará na Casa do Mar, nun acto aberto a todo o púbico. Ás 22:00 horas, no restaurante Buenavista, está prevista unha cea para tódalas mulleres do Concello que desexen asistir. Neste senso, a edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada xa confirmou que son 110 as mulleres que se anotaron. Haberá agasallos sorpresa para todas elas. Ademais, farase entrega dos trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís. A xornada rematará con baile na Casa do Mar, a cargo do Dúo Epok-a. Os actos foron consensuados coas diferentes asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Cibrao, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade.

Exit mobile version