Site icon Crónica3.com A Mariña

1ª xuntanza coloquio da AECC en Foz

Foz, 23 de marzo de 2018. A Delegación Local de Foz da Asociación Española Contra o Cancro, invita a todos os veciños en xeral a participar na 1ª XUNTANZA COLOQUIO DA AECC EN FOZ, nesta xuntanza farase una sesión informativa dos servicios da AECC dirixidos a enfermos de cancro e familiares. Esta información, que sempre pode ser de gran utilidade, será exposta por Dona Carmen Rubiños López psicóloga para A Mariña da Asociación Española Contra o Cancro.
Por elo, o próximo sábado 31 de marzo, as seis da tarde, na Sala Bahía esperamos contar coa presenza de todos para que teñamos unha información de primeira man, que nos fará ver un pouco mellor os valores da Asociación Española Contra o Cancro. Entendemos que a comunicación entre todos os asistentes non é a solución dos problemas, pero axuda a resolver moitos deles.
O remate, celebraremos unha merenda solidaria preparada con chocolate e bizcoito, doado por o Concello e por as pastelerías Anduriña, Amarena, Xoyma e por a panadería Bahía e a panificadora del Eo, as que damos as gracias por a súa solidariedade,
Por a importancia que ten coñecer un pouco mais esta enfermidade e compartir os nosos pensamentos, estamos convencidos de que podemos contar con a vosa asistencia.

Exit mobile version