Site icon Crónica3.com A Mariña

5ª edición da Semana das Artes plásticas da Mariña

Foz 23-3-18. O Mércores 28 de Marzo inaugurase a quinta edición da Semana das Artes plásticas da Mariña ca participación de 23 artistas que colocarán no escaparate do CENIMA DE FOZ, 33 obras, froito das últimas creacións realizadas polos/as artistas mariñáns. Esta mostra é un acto máis encadrado na homenaxe ó artista Juan Puchades Quilis, ó que a Asociación cultural Tá en artes dedica este ano 2018. Máis de 1600 alumnos/as, e 80 profesores visitarán a mostra que contará con dúas profesionais da Arte que guiarán o percorrido da exposición. A Mancomunidade da Mariña apoia deste xeito a iniciativa de este encontro cultural, que cada ano ofrece ós/Ás mariñáns a posibilidade de estar pretos da labor dos e das
creadores/as da Mariña. Así mesmo a Deputación Provincial subvenciona os 500 catálogos que recollen a
mostra como viña acontecendo en anos anteriores. Así mesmo o concello de Foz, aporta a infraestrutura
necesaria para a realización deste acontecemento cultural. A exposición estará aberta ata o 10 de Maio en
horario laborable de 10 a 13 horas e de 18 a 20 sábados e festivos. Os actos que terán lugar o dia 28 e ós que invitamos a artistas, asociacións culturais, concellos da Mariña, técnicos de cultura, centros escolares e cidadanía en xeneral será o que a continuación expoñemos:

SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS DA MARIÑA 5º EDICIÓN 2018.
MÉRCORES 28 DE MARZO DO 2018 CENIMA DE FOZ
ÁS 20 HORAS.
SALA DE EXPOSICIÓN CENIMA.
ACTO:
Sr. Alcalde de foz Javier Castiñeira (5´máximo)
Saúdo e benvida
Sr Presidente da Mancomunidade de municipios da Mariña Afredo Llano (5´ máximo)
Saúdo e benvida
Deputación Provincial area de cultura Pilar García Porto(5´ máximo)
Presentación do catálogo.
Representante de artistas (5´ máximo)
Saúdo e benvida
Juan Puchades Quilis ( 5´ou o que precise) ou familia
Saúdo e benvida
Tá en artes (5´ máximo)
Saúdo e benvida. Pequena explicación organizativa.
Deputación Provincial area de cultura Pilar García Porto.
Inaugura a mostra.

Exit mobile version