Site icon Crónica3.com A Mariña

63 sendeiristas convocados por Pasada das Cabras viaxaron este sábado a Proaza en Asturias para percorrer unha das Vias Verdes máis visitadas de España: a Senda do Oso.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Orixinalmente foi unha vía férrea que co paso dos tempos foise consolidando como un importante atractivo turístico, xa que ademais da beleza paisaxística, conta con varios aloxamentos turísticos e actividades de aventura e co feito de contemplar osos en estado de semilibertade. Cun tempo magnifico, ao finalizar os 15 Km. da ruta, gozaron dun menú tipicamente asturiano no restaurante Novo de San Martín de Teverga.
A vindeira saída será o 7 de abril a Silleda para visitar o mosteiro de Carboeiro e a fervenza mais alta de Galicia, A da Toxa.
Exit mobile version