Site icon Crónica3.com A Mariña

8º Dan de Aikijujutsu visita A Mariña

Cervo, 14 de Marzo de 2018. O mestre belga Jan Janssens, máximo exponente mundial de AikiJuJutsu visitou a nosa comarca para ensinar a súa modalidade de Artes Marciais. O Aiki Ju Jutsu é un arte marcial tradicional, utiliza luxacións, proxeccións, estrangulacións e golpes para reducir ao opoñente. A apretada axenda do mestre Jan Janssens fixo que os alumnos da Asociación de Artes Marciais da Mariña practicaran canda o Sensei en San Ciprián e na cidade de A Coruña. No curso, Jan Janssens ensinou unha parte do seu repertorio de técnicas para niveles avanzados cintos negros 2º e 3º DAN, así coma do repertorio de caídas, moi importantes neste Arte Marcial, ademáis os alumnos disfrutaron da cercanía dun dos grandes Mestres a nivel mundial nas disciplinas de artes marcíais que quedan no mundo. Jan Janssens quixo agradecer aos asistentes a súa predisposición dentro e fora do tatami, e é que pasou todo o tempo que estivo nas nosas localidades acompañado polos membros da Asociación, disfrutando do noso entorno e da nosa gastronomía “Sempre que veño disfruto ao máximo dentro e fora do tatami”

Exit mobile version