Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Cultural Apícola “Os Abelleiros” organiza una xornada de trampeo de Raiñas de vespa velutina

Terá lugar o Domingo 11 de Marzo as 11 da maña no CFEA Pedro Murias de Vilaframil, Ribadeo. Nela trataranse os efectos das velutinas na apicultura, nos cultivos, e no medio ambiente. Recomendarase como poñer as trampas e que lugares son os mais propicios. Falarase sobre que tipos de atraínte utilizar en cada época do ano, e como elaborar atraíntes caseiros. Con esta xornada téntase concienciar á poboación da importancia do trampeo nesta época do ano, e que cantas máis persoas colaboren nel mais efectivo será. Para rematar farase un pequeno coloquio entre os presentes para falar das experiencias persoais noutras campañas, como localizar niños primarios, e como facer mais eficaz o trampeo. Pode asistir calquera persoa que o desexe, sen necesidade de anotarse previamente.

Exit mobile version