Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación española contra o cancro xa conta cun local en Burela, onde prestará un servizo de atención integral a doentes oncolóxicos e ás súas familias. O Concello cedeulle un local de xeito gratuito na antiga praza de abastos

Este venres tivo lugar a sinatura coa Asociación Española Contra o Cancro polo que o Concello lle cede un local de xeito gratuíto a este colectivo na antiga praza de abastos. O obxectivo é que a AECC poida prestar un servizo de atención integral a doentes oncolóxicos e tamén ás súas familias. A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, dixo que “si ben ese local está situado en Burela dará servizo a toda a comarca da Mariña. Consideramos tanto desde a AECC como desde o Concello que a mellor ubicación era Burela, debido á proximidade do Hospital da Costa”. No acto desenvolvido esta mañá estiveron representantes da AECC xunto a Patricia Otero e o alcalde de Burela, Alfredo Llano.

Exit mobile version