Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación nenos de Ucraína e Galicia busca na Mariña familias de acollida para nen@s durante o verán

Ribadeo, 16 de marzo de 2018. A asociación Nenos de Ucraína e Galicia busca na Mariña familias de acollida para nen@s durante o vindeiro verán.
Esta asociación leva quince anos traballando para que as familias acollan a estes nenos e nenas nos períodos de verán e Nadal, co fin de que os rapaces se recuperen das súas carencias.
Para este próximo verán busca especialmente unha familia de acollida en Ribadeo ou nos concellos limítrofes, para unha nena cuxa irmá estará con outra familia de acollida en Ribadeo. A asociación pretende que as dúas irmás estean en fogares próximos, xa que é a primeira vez que viaxan a España.
A asociación Nenos de Ucraína e Galicia tamén axuda a orfanatos e familias en diversos apartados como a renovación de instalacións, gasto enerxético, envío de roupa, etc… Ademais tamén apoia na formación escolar e/ou profesional.
Este colectivo lembra que miles de nenas e nenos ucraínos viven en orfanatos e familias en situación de extrema pobreza nun país en guerra, e traballa na procura de familias de acollida e de recursos.
As persoas que estean interesadas poden poñerse en contacto coa asociación a través do e-mail: nenosucrainagalicia@gmail.com, no número de teléfono 639 88 47 46 (Enrique José Iglesias) ou no whatsapp +38 639 88 47 46.
A páxina web desta asociación é www.nenosucrainagalicia.org.

Exit mobile version