As sete pezas que interpretou por primeira vez a Banda de Ribadeo no concerto de onte son Prayer, de Bert Appermont; Nimrod, de Edwar Elgar; Agnus Dei, de George Bizet, arranxo para filiscorno e banda, na que actou como solista Rubén Solloso Irimia; Mi amargura, de Víctor Ferrer; Marcha Fúnebre, de Sigismond Thalber; Hosanna in excelsis, de Óscar Navarro; e La muerte no es el final, de Cesáreo Gabraín Azurmendi. Tamén tocaron Muerte y resurrección, de Luis Carlos Martín.
Este foi o primeiro concerto da Banda ribadense desde que tomou posesión a nova xunta directiva da asociación Amadores da Música, que foi elixida nunha asemblea celebrada o día 10 deste mes. A presidenta é Elisa Álvarez Amor; o vicepresidente, José María Suárez García; o tesoureiro, José Ángel Bolaño Penelo; o secretario, Javier Ginés Abellán Torralba; e os vocais son David Ballester Martínez, Laura Izquierdo Rodríguez, Alberto Clemente Avilés, Alberte Chao Penabad e Diego Vizoso Castro.
A próxima actuación da Banda en Ribadeo será no concerto das Letras Galegas, que está previsto para o día 19 de maio, sábado, ás 20:30 horas no Teatro.