Site icon Crónica3.com A Mariña

A cociñeira italiana María Santoro rematou este venres a súa visita á Mariña con actividades no IES de Foz e visitas á vila focense e á basílica de San Martiño

A cociñeira italiana María Antonietta Santoro rematou hoxe, venres, a súa visita á Mariña lucense con actividades no IES de Foz e visitas á vila focense e a basílica de San Martiño. Santoro participou nunhas xornadas de cociña de pescado que se levan a cabo no instituto focense ao longo de todo o curso, en colaboración coa Consellería do Mar, e ademais visitou a vila de Foz e San Martiño. Tamén xantou no comedor escolar do IES de Foz xunto con alumnos e profesorado, que lles entregaron uns agasallos: produtos da zona, unha figura de cerámica de Sargadelos e o libro do fotógrafo focense Xulio Villarino titulado A Mariña 43º grados Norte. Pola tarde impartiu a segunda e última das xornadas de formación para o profesorado sobre a cociña de Basilicata.

Exit mobile version